O noso MENÚ DEGUSTACIÓN
Os produtos da horta, de proximidade e de tempada son a esencia da nosa cociña. O Secadeiro é pasado e presente, é tradición. A nosa cociña, baseada na temporalidade, adáptase ao ritmo que marca a natureza. Cada produto colléitase no seu mellor momento.
Menú Colleita
Cociñamos o que nos ofrece a terra e o mar, cunha mirada máis profunda cara á horta. En estreita colaboración con produtores locais, elaboramos un menú no que os vexetais adquiren total protagonismo, sendo parte principal de cada un das nosas creacións.
Colleita é unha viaxe pola aldea e a súa contorna, no que nos deixamos levar polos aromas, as cores e os sabores de cada momento. Nesta viaxe, facemos un percorrido pola nosa horta, polas paisaxes da nosa contorna, polos costumes e as tradicións. Este menú está pensado para gozar sen présas, con equilibrio, sabor e respecto á orixe de cada ingrediente. É unha experiencia que se vive en poucos pasos… pero que, cada uns deles, deixa pegada.
A sala é unha prolongación natural desta forma de traballar. Un espazo pensado para o goce tranquilo, onde o servizo próximo e atento acompaña a experiencia gastronómica con naturalidade, poñendo en valor a orixe de cada prato e o traballo que hai detrás.
Aperitivos, 7 pratos e 2 sobremesas
Prezo menú: 70€ por persoa
Os menús serviranse por mesa completa. Poden variar por cuestións de mercado e a produción da nosa horta, pero sempre mantendo a mesma estrutura.
*O menú non inclúe bebidas


O MENÚ: concepto
Cambia segundo o que nos dá a terra, o mar e o momento. Traballamos con produto local, de tempada, e moitas veces da nosa propia horta. Non hai carta. Ofrecemos un menú degustación pensado para gozar sen présa, con equilibrio, sabor e respecto pola orixe de cada ingrediente. É unha experiencia que se vive en poucos pasos… pero que deixa pegada
Prezo: 70 €
unha selección de
Os nosos VIÑOS
Unha Selección coidada de viños que realzan os sabores da nosa cociña e expresan o carácter da nosa terra.
nuestros vinos
un maridaje honesto
Nuestro equipo es experto en el arte del buen maridaje y estamos aquí para ayudarte a elegir entre nuestra oferta de vinos.